Pasear

Language:
Age Group:
Country:
Description

Pasear aos meus cans é unha ocupación que realizo habitualmente, ao aire libre, preto da miña casa.

Transcription/Translation
Ola, eu son Nerea Estou acompañada dos meus cans, esta branca e marrón chámase Tana, o negro Negri, esta marrón arrugada chámase Kira e este grandullón chámase Lucas. No vídeo non sae pero teño outra que se chama Duna que tivo cachorros por iso non sal a pasear con nos. Estou dando un paseo con eles pola miña aldea, gústalles moito pasear xa que lles encanta estar soltos e poder ulísquear por ai, normalmente saio a pasear unha hora ou algo máis polas tardes ou, cando teño clase pola tarde saio pola mañá aínda que menos tempo. Cando teño clase todo non podo saír e vótoo bastante en falta. Gústanme moito os animais, dende pequena tiven cans, gatos e incluso algún peixe. Vou dar paseos con eles xa que me relaxo un montón, desconecto da rutina e síntome moi ben porque eles están felices, gústame dedicarlle tempo, lavalos, pasealos, darlle de comer, darlle mimos que como podedes comprobar no vídeo a Negri gústalle moito lamber. É unha parte fundamental miña, tanto dar paseos con eles como eles mesmos. Ao principio só tiña a Tana, que a atopei abandonada no meu pobo, despois chegou Lucas e Kira e por último Negri e Duna.

Similar stories

When my school work doesn’t require me to have short nails (anatomy labs) I always...
Material (video Metal working & Crafting) produced as part of the Module “Humans as occupational...
This video shows a favorite occupation of mine I have used for most of my...

Report this Video

Video: Pasear
Uploader: Nerea Vilariño Lamas

If you would like us to confirm whether action was taken on this video, please provide a contact email address. We will only use this to contact you about this report. Your data is protected in accordance with WFOT's Privacy Policy.