Ola, eu son Sara. Teño 19 anos e estudo segundo de Terapia Ocupacional na Universidade de A Coruña, en Galicia.
Dende moi pequena comecei a xogar a maquillarme, imitando ás miñas primas maiores. Cando cumplín os 15 anos, regaláronme a miña primeira caixa de maquillaxe e comecei a practicar vendo vídeos de maquilladores.
Normalmente, maquíllome se vou a algunha celebración ou a algunha festa, pero hay veces nas que simplemente me maquillo para estar sola na casa.
Creo que o feito de que me guste tanto maquillarme ten moito que ver con que as miñas celebracións favoritas sexan Halloween e carnavais, épocas nas que aproveito para dar renda solta á miña creatividade.
Polo xeral, a xente pensa que se te maquillas a diario quere decir que tes unha autoestima baixa. Eu en realidade non me maquillo para agradar a nadie, maquíllome porque, aparte de verme mellor, tamén me relaja e me divirto moito facéndoo.
O feito de maquillarse sempre estivo cargado de prexuizos; pola idade, polo sexo, pola relixión, e eu pregúntome… ¿a quén lle importa?
Cada quen pode maquillarse como queira, porque ninguén ten dereito a criticar algo que a nós nos fai sentir mellor. Porque iso é o máis importante: vernos ben a nós mesmos.